Asociación Deportiva DARDOS GALICIA
Presentación
Presentación

A Asociación Deportiva DARDOS GALICIA creouse para todos os dardeiros de Galicia, principalmente para fomentar o deporte dos dardos de pelo na nosa comunidade, xa que os dardos como deporte espectáculo ao longo de máis de dúas décadas case desapareceran; é por iso que comprometámonos a volver a traer a ilusión á xente co noso esforzo e traballo.

Esta é a nosa casa deportiva do dardo e pretendemos que tamén sexa a de todas as persoas que se asomen a esta porta.

Nela estamos centos de entusiastas afeccionados de todas as idades, condición, profesión, actividade e localización xeográfica, gozando co moito conseguido e ilusionados por medrar persoal, social e deportivamente nesta difícil arte do tiro co dardo.

Aquí atoparedes de forma gráfica a actividade que desenvolvemos, competitiva e técnica, así como a divulgativa e promocional: Ligas de distintos niveis (División de honra, Primeira división, Segunda división…), Copa Galega, Campionatos individuais (Galego, Master…), Torneos anuais cos Organismos Públicos (Deputación, Fundación do Deporte Galego, Inef, Concellos…) e tamén outros de promoción (Deporte na Rúa, Festas do Rosario, eventos nos locais…), axudas cos discapacitados facilitándolle a súa integración (campionatos nacionais, autonómicos…) e na actualmente creando escolas de ensino cos Concellos. Asemesmo expoñemos permanentemente información mediante circulares, web, prensa e publicidade diversa.

Actualmente e, despois de 25 anos de historia deste arte do tiro con dardo na nosa comunidade, estamos ás portas do recoñecemento da modalidade deportiva por parte da Xunta de Galicia desta disciplina, polo tano, calquer dardista poderá ser recoñecido como deportista.

Sucesivamente incorporaremos todo aquilo que posúa interese común relativo ás distintas áreas que compoñen esta modalidade. Neste senso, estamos abertos a todas as ideas que nos axuden a mellorar estes propósitos.

Xunta Directiva
Presidente:D. Luis Louro Froján
Vicepresidente:D. Lluís Domínguez Domínguez
Secretario:D. David Castelo Franqueira
Tesoreiro:D. Manuel Sánchez López
Vocais:D. José Manuel Albite González
D. Pablo Rodríguez Mosquera
D. Francisco Javier Pestonit Yuste
Gabinete de competición
D. Pablo Pérez Barral
Gabinete de apelación
Xunta Directiva
Gabinete Organismos Públicos e Sociais
D. Luis Louro Froján
Administrador da páxina web
D. Lluís Domínguez Domínguez
Valid XHTML 1.0 Strict
Valid CSS 2.1
Estos distintivos, que han sido otorgados a esta página por el World Wide Web Consortium (W3C), demuestran que esta página ha sido diseñada conforme a las normas y estándares establecidos para asegurar una correcta visualización en todos los navegadores. No obstante, para que este esfuerzo sea 100% efectivo deberás actualizar tu navegador a la última versión disponible.