I Campeonato Nacional de Dardos
da Federación Nacional de Sordomudos

O primeiro campionato nacional de dardos de punta de ferro da Federación Nacional de Sordomudos resultou ser especial e un dos máis emocionantes realizados pola Asociación Deportiva Dardos Galicia, onde unha vez máis os xogadores gozaron desta modalidade.

Damos as grazas a todos os Organismos Públicos (FEDS, Xunta de Galicia, Deputación) que depositaron a súa confianza na nosa Asociación para a realización deste evento de carácter nacional, onde os xuíces, tradutores e sobre todo os xogadores participantes estiveron formidables.

O Polideportivo de Meicende foi o escenario de xogo.

Os resultado foron:

Equipos masculinos:

1º - Santiago de Compostela
2º - Casal A – Barcelona
3º - Sagunto
4º - Valencia
5º - Lérida
6º - Cantabria
7º - Mallorca
8º - Casal B


O equipo de Santiago de Compostela proclamouse campión nacional. A entrega de trofeos realizouna o Presidente Nacional de Deportes para Sordomudos, o Presidente da ADS de Meicende e a Concelleira de deportes de Arteixo.


Equipos femeninos:

1º - Casal – Barcelona
2º - Sagunto
3º - Valencia


Equipo campión femenino (Casal).







De verde os colaboradores da Asociación cos campions de España.